
Proxecto de ampliación, supón un incremento de superficie de 890 metros cadrados, os cales son necesarios para a realización dos proxectos de fabricación de liñas de produción para:
- Liñas de recuperación de augas de proceso e minoración de vertidos
- Liñas de procesado de subprodutos e descartes para a obtención de hidrolizados, aceites de fariñas de peixe.
- Procesado de cuncha de molusco para a obtención de fertilizantes (cal) así como o procesamento do Biso de mexillón para a fabricación de materias aislantes
- Tratamento para a recuperación de caldos de cocción
- Sistemas de recuperación de temperatura para minorar o consumo enerxético nas fábricas, así como sistemas de encaixonado previo a esterilización para minorar tempos de esterilizado e reducir o consumo de vapor.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo principal e desenrolar unha nova liña de negocio, vinculada ca protección o medio ambiente que nos permita medrar como empresa e seguir creando postos de traballo, mellorando as condicións da nosa contorna. Así mesmo pretendemos que a cadea mar-industria siga fortalecéndose e poida atopar novas fórmulas para ser competitiva e medioambientalmente responsables e que poida facer fronte a competencia de terceiros países con custos de produción terriblemente máis baixos que os que existen actualmente nesta cadea de valor.
- Incremento do volume de negocio dos resultados empresariais, cunha amortización da inversión nun prazo de cinco anos
- Incremento dos postos de traballo na empresa, recolocación de cinco persoas nesta área de creación de seis postos nun prazo de catro anos
- Afianzarse como proveedor destes produtos na carteira de clientes actuais e dada a baixa competencia neste ámbito poder conseguir a entrada en novos clientes
Para desenvolver este proxecto comezaremos coa construción das instalacións necesarias e ase mesmo cos deseños dos equipos que se utilizarán nas distintas liñas de produto.
A Comercialización realizarase nunha primeira fase entre a nosa carteira de clientes, entre os cales, e despois de sondear a súa disposición, podemos asegurar que existen varias industrias interesadas en implementar estas novas tecnoloxías nas súas fábricas.
Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Mellora da competitividade do sector pesqueiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

