
O proxecto consiste no acondicionamento dunha nave industrial existente no porto de A Pobra do Caramiñal para adaptala ao sector formativo, dotándoa de aulas acondicionadas, servizos de secretaría, dirección e sala de profesores, así como aulas taller para a realización de cursos formativos destinados a salvamento e socorrismo acuático e a cursos formativos en materia sanitaria para os traballadores do mar.
Faranse uns vestiarios para homes, mulleres e discapacitados, a fin de mellorar o servicio ós alumnos. A adquisición dunha furgoneta e un remolque acondicionado e homologado para a impartición dos cursos contra incendios preceptivos na formación marítima, a efectos de poder impartir ditos cursos tanto nas nosas instalacións como de maneira itinerante nas confrarías.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do noso proxecto é acondicionar unha nave no Porto de A Pobra do Caramiñal para a impartición de cursos relacionados co mar e a pesca, así como coa seguridade tanto a bordo dos buques como nas industrias relacionadas coa pesca, abundantes na nosa zona. Trátase de poder dar toda a formación necesaria para facilitar a incorporación da mocidade ao sector pesqueiro, así como o reciclaxe da xente do sector mediante a formación continua e de actualización para as cales xa temos as homologacións necesarias, ademais de traballar constantemente para acadar novas homologacións e chegar a dar un servicio integral que chegue a todos os sectores de formación relativa ao mar e empresas relacionadas.
Tamén se inclúe a compra dunha furgoneta e un remolque, así como a adaptación do mesmo, para a impartición dos cursos de formación Contra incendios no sector marítimo, tanto na Pobra do Caramiñal como de maneira itinerante en todos os portos e as confrarías que o soliciten.
Mediante a formación que imos dar ás persoas do sector pesqueiro, imos conseguir este obxectivo específico dando as ferramentas imprescindibles á mocidade que queira acceder á profesión, impartindo os cursos específicos necesarios para a obtención dos permisos legais oportunos para o acceso á profesión de mariñeiro, así como o reciclaxe e actualizacións oportunas que sexan preceptivas para o mantemento da condición de traballador do sector marítimo, evitando que teñan que desprazarse a fora da nosa C.C.A.A. para acadar ditas titulacións e cursos de reciclaxe, mellorando a competitividade das nosas empresas e dos nosos traballadores, garantindo o relevo xeracional das profesionais e dos profesionais do mar, diseñando proxectos específicos para a incorporación laboral da muller ó sector pesqueiro e promocionando o acceso destas á profesión.
A necesidade de cambiar das instalacións actuais a estas outras ven dada porque as instalacións que temos agora mesmo non son suficientes para ampliar os recursos formativos que pretendemos implantar, os cales permitirían a expansión da empresa e que facilitarían a diversificación de cursos do sector marítimo a impartir, Por tanto, e dado que as instalacións son imprescindibles para os obxectivos de crecemento da empresa e para a implementación de novas titulacións de cara a acadar a incorporación laboral da mocidade e moi especialmente da muller ao sector pesqueiro.
Outro dos nosos obxectivos é a impartición dos cursos para o acceso á profesión de redeira, para o empoderamento da muller e a súa integración a esta profesión que de non ser posta en valor levará á extinción da mesma.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.2
Acadar a incorporación laboral ou profesional da mocidade e a profesionalización do sector pesqueiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)