Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Listaxe definitiva de participantes na viaxe de estudo do proxecto RELEVO2020

 

Publicación da listaxe definitiva para a selección de participantes na viaxe de estudo do proxecto RELEVO2020, no que participan os GALP de Ría de Arousa, A Mariña Lucense, Golfo Artabro Norte e Artabro Sur.

NOTA ACLARATORIA:

Segundo acordo do xurado, a asistencia á viaxe será a que se expón de seguido:

1.- Farán a viaxe, por esta selección, 2 alumnos de cada GALP, unha persoa da primeira edición e unha persoa da segunda edición.

2.- O traballo foi obrigatorio para poder optar á viaxe. Podíase entregar e presentar oralmente ou ben só entregar (neste caso non se obterán os puntos da presentación oral nin das preguntas do xurado).

3.- Para cada GALP publícase unha lista por orde de puntuación para cada unha das edicións do RELEVO2020.

4.- Se se dese o caso de que nunha edición nun GALP, vai correndo a lista e se chega a unha persoa que non entregara traballo, collerase a persoa/alumno dese GALP con traballo entregado aínda que sexa da outra edición (é dicir, de cara á viaxe prima sempre a condición de ter entregado o traballo).

5.- Esta lista é a definitiva para cada GALP e por cada unha das edicións do RELEVO, das persoas que por puntuación son as que conseguen a praza para a visita de estudo ao País Vasco e das persoas que conforman a lista de agarda.

Se as persoas en cuestión non puideran viaxar, irase tirando da lista publicada sempre coa prioridade exposta.


LISTAXE DEFINITIVA SIMPLIFICADA: 

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/publicacion_final_relevo_2020...

LISTA COAS PUNTUACIÓNS PARCIAIS:

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/listaxe-definitiva-coas-puntuacions...


ACORDO DO XURADO:

As persoas que viaxen deben confirmalo por escrito mediante un modelo que se lles facilitará vía correo electrónico.

As persoas que renuncien á praza da viaxe deben facelo tamén por escrito.

O prazo acordado para ambas cuestións é o 20 de xullo.