
PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONVOCATORIA 2021
A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa, celebrada o día 6 de abril e vista a proposta de resolución provisional do Equipo Técnico do GALP, fronte á que non se formularon alegacións no trámite de exposición pública previsto no artigo 24.3 da Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, e de conformidade cos criterios establecidos na EDLP, acordou aprobar a proposta de resolución definitiva que se achega:
https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/listaxe-definitivo-proxectos-convocatoria-2021-galp5
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina de dito GALP.
Cabe salientar que esta proposta definitiva non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos e estará condicionada a que todos os proxectos presenten a documentación requirida en prazo e cumpran co establecido na orde de bases e na normativa vixente.

