
Bautismos de mar.
Os bautismos están destinados a persoas que non realizaran nunca navegación a vela, deseñados para a iniciación no mundo da vela e da navegación. Esta actividade ofrecerase a diferentes participantes e non só a persoas con diversidade, involucrando a centros de educación secundaria, bacharelato e formación profesional, para que a mocidade descubra o contacto co mar a través de actividades lúdicas.
Os bautismos tamén estarán orientados a persoas con diversidade que teñan un maior grao de necesidade de apoio, coa finalidade de ofrecer unha actividade dinámica e diferente en conexión cos recursos costeiros da comarca, na que tamén poderán participar as familias.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Promoción da inclusión social das persoas con diversidade funcional a través da navegación a vela e a creación de sinerxías cos axentes do sector marítimo e do patrimonio costeiro
Identifícanse 4 resultados previstos:
R1. As persoas con diversidade incrementan a súa autonomía e participación na comunidade.
R2. As persoas mozas participantes incrementan a súa valoración positiva sobre os oficios e patrimonio costeiro.
R3. As persoas con diversidade incrementan as relacións con persoas con e sen diversidade.
R4. As persoas participantes sen diversidade incrementan a súa valoración positiva da diversidade. Estes resultados están vinculados directamente cos obxectivos específicos do programa, asegurando que se poidan medir a través dos indicadores por cada un deles.
A2. Fondeando no mar. Esta actividade está dirixida a aquelas persoas que xa están familiarizadas coa navegación a vela, co propósito de facer actividades conxuntas con diferentes escolas de vela, e fomentando así a interacción entre grupos de pares das persoas con diversidade e o vínculo co mar de persoas mozas. Esta actividade está moi enfocada a promover a participación social e a cohesión de persoas con diversidade mozas co seu grupo de pares.
A3. EN-foque náutico. Charlas e formación sobre diferentes aspectos náuticos e pesqueiros. Nestas actividades promoveranse as sinerxías entre diferentes entidades e axentes para promover o coñecemento do sector na mocidade. Promoverase que as charlas tamén sexan impartidas por persoas xa xubiladas, e con experiencia que poidan contar como era traballar e vivir do mar na anterior xeración. Ademais, nestas actividades adicarase unha parte importante a falar da sostibilidade dos recursos costeiros así como a mitigación do cambio climático.
A4. Voluntariado náutico. Acción dirixida a aquelas persoas mozas que participen nos bautismos ou noutras actividades para que se vinculen a actividades de voluntariado relacionado co mar, que poden ser tanto a través das actividades do programa e apoiando nas actividades do programa, así como nas organizacións sen ánimo de lucro participantes na acción En-foque náutico (A3).
Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
4.1. Preservar e poñer en valor o patrimonio costeiro, para preservar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)