
O proxecto MAREACHEA, UN MAR DE ESPERANZA consiste na construcción naval a tamaño real dunha réplica dunha gamela tradicional de Cabo de Cruz, que se poderá visitar e ver en vivo a un mestre carpinteiro de ribeira explicando os pasos da súa construcción, as técnicas constructivas, os nomes das distintas pezas que a conforman utilizando a xerga propia dos mestres carpinteiros de ribeira.
Construiranse dúas gamelas: unha máis sinxela adaptada a nenas e nenos de educación infantil para que coñezan as distintas partes do carenado da embarcación e poidan realizar eles mesmos a ensamblaxe de todas as pezas que a conforman; e outra gamela para mozas e mozos de ensino secundario, que estará formada por carenado e pezas internas da embarcación, o que require máis elaboración para a súa ensamblaxe.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Este proxecto pretende poñer en valor a historia da tipoloxía típica dunha embarcación das nosas rías galegas, aportando tanto os saberes dos Mestres carpinteiros de ribeira como unha parte da nosa identidade, sendo a pesca un dos pilares máis importantes da nosa economía durante décadas.
Coa realización deste proxecto preténdese transmitir a mozas e mozos a importancia que tivo esta embarcación no desenvolvemento dunha actividade, ensinándolles o uso da madeira nas construccións navais, por ser un material pouco contaminante, concienciándoos ao mesmo tempo sobre a conservación dos nosos montes con cultivos de madeira autóctona e dándolles a coñecer as formas desta tipoloxía de embarcación.
Ademais dos valores inherentes a este tipo de embarcacións e da necesidade de catalogar, potenciar e dar a coñecer o noso patrimonio flotante, está a necesidade de achegar ás novas xeracións ao xeito de vida dos nosos antergos, baseado nunha cultura antiquísima, nobre no respecto aos ciclos de vida e insubornable, da que podemos extraer experiencias e modelos de vida que nos axuden a mellorar o presente.
O impacto máis inmediato sobre o territorio está na propia natureza do porxecto presentado; con este proxecto inténtae concienciar ás novas xeracións sobre a sustentabilidade, tentando deixar en mínimos o impacto ambiental da construcción naval en madeira e levando a máximos o impacto social e cultural.
- Recuperación do patrimonio marítimo da Ría de Arousa mediante visitas guiadas a un asteleiro de CArpintaría de Ribeira para ver e coñecer as técnicas de construción naval en madeira, durante a construción dunha gamela da man dos mestre carpinteiro de ribeira D. Gerardo Triñanes Fdez
- Construción de gamela a escala en kits, con corte de pezas por control numérico con todo o detalle construtivo. Faranse dous tipos de kit, un máis sinxelo que será a construción do casco da gamela e outro kit máis complexo de acordo ás idades das nenas e nenos aos que vai dirixido este tipo de divulgación.
- Achegar a cultura tradicional mariñeira ás novas xeracións.
- Poñer en valor a protección do medio ambiente e o medio mariño.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 4.1: Preservar e poñer en valor o patrimonio costeiro para reforzar a identidad e da zona costeira co mundo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)