Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MELLORA COMPETITIVA CETARIA – DEPURADORA ÁNGEL MAR

O proxecto consiste en cinco accións para mellorar a competitividade:

  1. A instalación dun sistema máis innovador e eficiente de depuración.

  2. Introdución dunha cámara de conxelación para dispoñer de produto conxeado durante todo o ano, garantindo o consumo dos mesmos fóra de tempada, e ofertando produtos locais destacados.

  3. A disposición dun sistema de xestión integral (ERP) que aglutine todos os procesos de compras, almacén, provedores, tpv, trazabilidade.

  4. Introdución dunha máquina de envasado para marisco fresco en malla tubular.

  5. Realización de xornadas explicativas dirixidas ao consumidor final 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ÁNGEL MARIÑO HERMO
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Empresa individual
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 9 de Xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratéxias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenv
Convocatoria - ano: 
2017
Data de aprobación: 
01/09/2017
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
2
Anualidades: 
2017
Data fin de execución: 
31/10/2017
Ámbito de aplicación: 

Boiro, A Coruña 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
108.697,53€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
89.832,67€
Total axuda pública aprobada (€): 
44.916,33€
% Subvención: 
50%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
38.178,88€
FEMP (%): 
85%
CA (€): 
6.737,45€
CA (%): 
15%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Mellorar a competitividade da Cetaria Depuradora Ángel Mar a través da diversificación de produtos, mellora da eficiencia enerxética e a introdución de innovacións tecnolóxicas. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Aumentar a presenza de marisco local a través do aumento da capacidade produtiva que permita a comercialización de novas especies en fresco.

  • Introducir novos productos dentro da nosa liña comercial como é o conxeado que ata agora non se comercializaba, e permitir o consumo de produtos do sector pescamar locais en tempadas desestacionalizadas.

  • Mellorar os procesos coa implantación dun sistema de xestión integral (ERP), que inclúe un control de trazabilidade do produto, e mediante a implantación dun sistema de envasado de produto fresco. 

Principais actividades do proxecto: 
  1. Investimento para a diversificación dos produtos frescos a comercializar mediante o aumento de capacidade produtiva e a instalación dun sistema máis innovador e eficiente.
  2. Introdución dunha cámara de conxelación co fin de dispoñer de produto conxelado durante todo o ano, garantindo o consumo dos mesmos fóra de tempada, e ofertando produtos locais como a Vieira de Cambados, Polbo, Zamburiña de Bou, Mexillón de Galicia e Peixes da Ría. Desestacionalizando a demanda e dando solución a problemas coma a toxina.
  3. A disposición dun sistema de xestión integral (ERP) que incorpore un módulo de control de trazabilidade, e que permita ter un control de compras e vendas, axilizar todos os procesos, minorar custos, aumentar a fiabilidade da contabilidade e a xestión diaria do negocio.
  4. Introdución dunha máquina de envasado para marisco fresco en malla tubular, facilitando a conservación e etiquetaxe de produtos a granel, e mellorando a súa presentación de cara ao cliente final.
  5. Realización de xornadas explicativas de portas abertas para amosar ao consumidor final o tratamento dos produtos e a calidade dos recursos pesqueiros e marisqueiros existentes na Ría de Arousa. 
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, a través do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños. 

Obxectivo específico da EDLP: 

Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
Acadar a incorporación laboral/profesional da mocidade e a profesionalización no sector pesqueiro. 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)