
O que se pretende con este proxecto é, por un lado, mellorar a competitividade das instalacións da Confraría de Pescadores San Martín (lonxa, oficina e peixería) e por outro, poñer en valor tanto o traballo dos/as asociados/as, como dos produtos que se comercializan.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral deste proxecto é mellorar a competitividade do sector pesqueiro, a través da mellora na eficiencia na comercialización das produccións pesqueiras, así como o aumento do valor engadido das produccións pesqueiras grazas as accións promocionais tanto dos produtos do mar, como da posta en valor do traballo de mariñeiros e mariscadoras.
Con este proxecto preténdese:
- Mellorar a competitividade da Confraría de Pescadores do Grove, coa modernización tanto da peixería da entidade, como das oficinas e a lonxa.
- Posta en valor dos produtos pesqueiros e marisqueiros.
- Mellora da eficiencia na comercialización das produccións pesqueiras: accións de marketing, campañas de comercialización e redes sociais, nas que se poñan en valor os produtos do mar, para favorecer a comercialización.
O proxecto que se pretende levar a cabo inclúe actuacións nos tres locais que posúe a Confraría de Pescadores San Martín: oficinas, lonxa e pescadería.
- Na lonxa: ampliarase a capacidade de estabulación de crustáceos, incorporándose 3 bisn mais os xa existentes e facer accións promocionais da Centola do Grove.
- Nas oficinas da entidade: modernizarase os equipos informáticos incorporando un servidor, 1 switch, 2 ordenadores de sobremesa e 1 ordenador portátil.
- Na pescadería: modernizaranse as instalacións e mellora das condicións de salubridade das mesmas. Por tanto, vanse colocar azulexos nas zonas de traballo, estanterías, instalaránse básculas e equipos informáticos con programas específicos para a venda de peixe, cámaras de vixiancia e porta de acceso ás instalacións. Tamén se farán accións promocionais dos produtos vendidos, por elo, instalarase unha pantalla na que se divulgarán os produtos e faranse folletos.
Coas distintas accións promocionais tamén se porán en valor os produtos pesqueiros.
Mellora da comeptitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros, e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

