
O proxecto consiste na mellora da gobernanza da xestión marisqueira no ámbito territorial da Confraría de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa delimitando as zonas de explotación ben diferenciadas para as modalidades de a pé e a flote. Pretendese acadar unha mellor coxestión dos recursos e hábitats costeiros de importancia para a produción dos organismos mariños dun modo responsable, equilibrado, sustentable e competitivo, que a súa vez permita mellorar as condicións de vida e traballo dos homes e mulleres do mar e garanta o seguimento da súa explotación. Este proxecto pretende axudar a unha xestión sostible da explotación dos recursos marisqueiros e dos hábitats costeiros dentro do ámbito territorial da confraría de Vilanova de Arousa, baseada fundamentalmente na que os mariscadores e mariscadoras teñan coñecemento do medio que poden traballar e colaborar nun control rigoroso no acceso a eses recursos, e na formación dos produtores para unha axeitada organización do seu traballo e zonas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Fomentar a participación do sector implicándoo na gobernanza e responsabilidade na xestión pesqueira. Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros. Xestionar e reducir os conflitos, na medida do posible, entre os sectores de a pé e a flote e resto de actores do proxecto.
Distribución, limitación e sinalización das zonas e áreas correspondentes ao marisqueo a pé e a flote, evitando conflitos entre ambos sectores e reducindo a intrusión nas áreas de traballo para garantir unha explotación sostible e controlada.
A primeira actividade consistirá en colocar mortos coas súas respectivas boias delimitando o limite das zonas pertencentes os mariscadores e mariscadoras de a flote e a pé. A segunda actividade será o control e mantemento de ditas boias comprobando que non son modificadas nin movidas do seu correspondente sitio a través de controis polos propios gardapescas da confraría co uso dun radar que se instalará na lancha de vixiancia. Todas as activades serán realizadas por persoal experto xunto coa implicación e axuda do sector. A área a desenvolver ditas actividades é o ámbito territorial da confraría de Vilanova de Arousa
Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais
5.1: Acadar maiores índices de participación e implicación do sector no desenvolvemento sostible da zona costeira
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)