
O proxecto Mexillonaria é a realización dunha curtametraxe documental sobre sobre o papel da muller no cultivo do mexillón na ría de Arousa. Centrado en Celia, unha bateeira da ría de Arousa, muller nova, preparada e comprometida coa súa terra e co seu oficio. A través dela imos coñecer como é o cultivo do mexillón na zona e imos promover un proceso de reflexión sobre outros asuntos como son a muller nos traballos do mar e a ecoloxía.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O noso obxectivo é crear un documental de calidade tanto en contido como en realización audiovisual que contribúa á difusión do patrimonio cultural de Galicia, a dar visibilidade ao traballo das mulleres no mar e a coñecer mellor un produto como o mexillón de gran importancia económica na ría de Arousa.
- A repercusión social deste proxecto radica fundamentalmente non só no número de xente que poida chegar a ver o documental, senón tamén no que desperte dentro de cada persoa e faga reflexionar acerca do noso pasado, o noso presente e o noso futuro, que está directamente relacionado coa boa saúde da ría.
- Mellorar o coñecemento dos oficios relacionados co mar, tanto extractivos como auxiliares da poboación en xeral e, especialmente de infancia e mocidade, ofrecendo novos horizontes de empregabilidade e desempeño profesional
- Valorar a importancia que tivo e ten a muller nestes traballos e as dificultades que atopa na súa desempeño promovendo un cambio de mentalidade necesario para a plena igualdade de xénero.
-
Contribuír a fixar poboación nas zonas costeiras da ría de Arousa a través do coñecemento que transmite e a dignificación dos traballos tradicionais e sostibles propios da zona.
O obxectivo fundamental é o fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas da nosa Ría. A través destes puntos:
- A orixe da miticultura na ría de Arousa
- A importancia da muller nos traballos do mar
- O ecoloxismo
- A carpintería de ribeira
Así como expoñer as intencións para que a Ría de Arousa poida seguir sendo un lugar onde se conserva e se valora o patrimonio material e inmaterial e visibilizar todo o que aquí sucedía e como pero, sobre todo, reivindicar a importancia do papel que de sempre desempeñaron as mulleres e dar a coñecer as dificultades ás que se enfrontaron, os avances que acadaron e a realidade na que viven a día de hoxe.
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo
Preservar e poñer en valor o patrimonio costeiro para reforzar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

