
O Concello de Vilagarcía vai acondicionar as rutas de sendeirismo, que xa están sinalizadas dende o ano 2010, e se incluirán desviacións ou variacións no percorrido para achegarse a algúns dos petroglifos que hai no monte Xiabre. Ese punto da Cruz de Xiabre forma parte da ruta 3. Con este miradoiro vaise conectar, interelacionar, xerar sinerxias, entre o Mar de Arousa, o Río Ulla, a Illa de Cortegada, a Ruta Xacobea do Mar de Arousa, a Variante Espiritual do Salnés, a Ruta do Padre Sarmiento, A Orixe de todos os Camiños, a Ameixa de Carril, os Lombos do Ulla e o Monte Xiabre.
O miradoiro vai ser unha superficie “flotante” sobre as pedras, que están en diferentes alturas. Desta forma, a intervención no espazo resulta mínimo xa que o contacto da estructura co chan ou pedras será unicamente en determinados puntos de apoio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Potenciar o turismo mariñeiro sostible mediante a colaboración de diferentes sectores ou entidades (concello, confraría de pescadores, agrupación Amarcarril e empresas de turismo activo) Xerar unha sinerxia, unha retroalimentación, entre o turismo mariñeiro, o camiño de Santiago (a Ruta Xacobea do Mar de Arousa, a Variante Espiritual do Salnés, o proxecto “A orixe de todos os Camiños” e o Albergue, integrado na Rede da Xunta, en Carril) e o turismo activo (sendeirismo, kayaks, windsurf) A sensibilización, dos visitantes e da poboación do lugar, sobre as excepcionais condicións naturais, paisaxísticas, históricas, xacobeas e económicas dese espazo, que ten nese miradoiro o mellor punto de observación.
Se incrementará o número de visitantes a esta zona o que xerará un efecto dinamizador para un amplo sector da poboación: mariscadora/es, hostalaría e aloxamento, empresas de turismo activo. Vai ser unha boa maneira de conseguir que os peregrinos teñan máis motivos para facer de Carril, no Albergue que se está a construír e integrar na rede oficial da Xunta de Galicia, un final de etapa. E ao sumar un atractivo máis a esa ruta, serán máis os que opten por facela. Fomentará o coñecemento dos valores ambientais e económicos do espazo río-mar-terra que se observa dende o miradoiro, que será a mellor garantía da súa preservación.
Acondicionamento do último tramo do camiño de acceso ao lugar Instalación do miradoiro, realizado en aceiro galvanizado que formará unha superficie plana e “flotante” sobre as rochas, de 72 m2. Os pilares da estrutura estarán fixados ás rochas. Escóllese ese tipo de estrutura porque resulta ser a que menos intervención require sobre o terreo. Deseño do contido do panel que forma parte da estrutura do miradoiro. Redacción (por medios propios) e gravación da audioguía (en galego, castelán). Tradución ao inglés da audioguía deste panel e dos 5 que forman parte da ruta de Turismo Mariñeiro no Contorno de Cortegada e Os Lombos do Ulla. Difusión dende a Concellería de Turismo da instalación dese miradoiro e todo o significado que iso supón e xa se expuxo. Neste proxecto non se inclúe a impresión de materia promocional en papel porque, aínda que prevista, será incluída na nova edición que a Concellería de Turismo ten previsto realizar co financiamento doutras liñas de subvencións específicas.
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)