martes, 23 de Outubro de 2018 - 11:10

Dentro das accións de intercambio de saberes e experiencias do proxecto CANDIEIRA, as mariscadoras da Asociación de Mulleres do Mar da Arousa acompañaron onte a Concha Ramallo Sampredro para ver de preto como traballa no seu día a día de percebeira, no medio e medio do Atlántico. Tamén asistiron ao traballo de clasificación de percebes na lonxa.

