
A Asociación Mexilloeira Rianxeira pon en marcha un novo proxecto ao abeiro das axudas do GALP Ría de Arousa e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, co que pretende mellorar as súas labores e funcións diarias, favorecer as relacións cos clientes e proveedores, enxalzar o sector bateeiro e poner en valor o seu produto a fin de manter a súa continuidade no tempo e consolidalo como sector de futuro.
O proxecto conta con diversas actuacións de carácter interno como adecuar os puntos de control nos portos cos que conta a entidade ou mellorar os equipamentos e tecnoloxía coa que traballa, a fin de favorecer as relacións externas con clientes e proveedores. Ademais, e seguindo a liña de proxectos anteriores, a Asociación Rianxeira establece lazos de traballo en rede e mantemento de comunicación entre entidades a nivel local mediante a incorporación de actividades que se farán directamente coa comunidade educativa, concretamente co único centro de ensinanza secundaria que hai na localidade.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Mellorar as labores e funcións diarias da nosa entidade mediante:
1.- A adecuación dos puntos de control que temos nos portos.
2.- A valorización do noso producto a través actuacións de divulgación e promoción.
O que se prevé implementar co proxecto é:
- Puntos de control adaptados ás necesidades diarias que temos.
- Relación administrativa máis funcional e áxil cos nosos clientes e proveedores gracias á mellora tecnolóxica.
- Promoción do noso produto nas canles que máis se moven a día de hoxe: as redes sociais.
- Materiais de promoción sobre o noso produto elaborados directamente polos escolares para a súa publicación nas redes que eles máis coñecen, as sociais.
- Produto máis e mellor valorado.
1.- Creación e implementación dun programa informático, que se vai deseñar segundo os requisitos e necesidade da asociación segundo os datos que manexa, e que permita conectar os distintos puntos de traballo en calquera momento.
2.- Adecuación e mellora dos puntos de control de Vilaxoán e Rianxo, mediante a compra de materiais (como balanzas, pesas, ordenadores, etc que farán que cada punto esté adecuado e se poida facilitar e axilizar o traballo da asociación neles).
3.- Sesións divulgativas no IES FÉLIX MURIEL de Rianxo, que serán levadas a cabo pola asistencia técnica do proxecto ARENARIA COORDINACIÓN, con ampla experiencia en divulgación científica e educación ambiental sobre todo en relación ao sector pesqueiro.
4.- Elaboración de material audiovisual sobre o noso sector e produto, elaborado polos escolares e difundido a través das redes sociais que eles manexan.
As actividades cos rapaces serán sesions manipulativas e de observación nas que coñecer o sector e o cultivo do mexillón, así como o mexillón como produto. serán sesións de diseccións, experimentos, audiovisual, etc.
Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
O fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)