Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Nova visita didáctica á illa de Cortegada

 

Un grupo de persoas de distintos concellos da Arousa Sur participaron hoxe nunha nova visita didáctica á illa de Cortegada. Tratábase dun grupo de 15 participantes entre os que había nenas e nenos, pais e nais, e tamén avós e avoas, todas e todos eles particulares que solicitaron individualmente participar no programa de actividades que está desenvovendo o Galp Ría de Arousa nos concellos do seu territorio e que está tendo unha gran resposta por parte da cidadanía.

Como en anteriores ocasións, a actividade tiña como obxectivo a sensibilización destas familias para que integren pautas de coidado medioambiental nas súas saídas a contornas naturais.