
O proxecto consite en adaptar as instalacións existentes para poder atender o aumento de demanda que se está producindo desde que a empresa acadou o selo de mexillón ecolóxico do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia). A certifiación ecolóxica garante que os productos foron elaborados e producidos segundo as normas de agricultura ecolóxica e que foron controlados en todo o seu proceso, elaboración, envasado e comercialización.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Abrir novos mercados e mesmo abordar a internacionalización, ampliando a carteira de clientes de gran demanda que xeran maior beneficio para a empresa, unha vez que se aumente a capacidade da depuradora.
Outro dos obxectivos é o aproveitamento de marisco danado (cunchas estaladas, mala estética…) que non serven para a venta en fresco pero si son aptos para o consumo.
Ampliación o catálogo de produtos operando dentro dun novo nicho de mercado. A empresa xa pode vender mexillón ecolóxico pero en pequenas cantidades porque as instalacións precisan un aumento de capacidade de depuración.
Búscase a expansión da empresa cara a comercialización de productos cun valor engadido maior (mexillón ecolóxico). A empresa acaba de homologarse dentro do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) e necesita de investimento para poder atender os mercados que demandan este tipo de produto.
Consolidarase a empresa e será posible atender a clientes con novas esixencias nas que hai unha maior marxe de beneficio, e aumentaranse os postos de traballo.
Tamén permitirá buscar clientes no exterior permitindo mesmo que a empresa poda chegar a internacionalizarse ao dispoñer dun produto diferenciado.
Adquisión de carretilla elevadora para poder procesar a maior demanda de producto.
Aumentar o alxibe de auga salgada para ampliar tamén a capacidade de depuración.
Envasar ao vacío para completar o procesado que xa se está facendo con maquinaria adquirida anteriormente.
Publicidade para dar a coñecer o novo produto.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible a través du uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivo específico 1.1: Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

