Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O 8 de abril Noia acollerá o evento de networking "Camiño de Futuro"

Camiño de Futuro evento de networking 8 de abril 2022


“Camiño de Futuro”, unha iniciativa da Vicepresidencia Segunda e Conselleria de Economía, Empresa e Innovación xunto coa Consellería de Medio Rural e Conselleria do Mar, chega a Noia con un evento networking para difundir os distintos instrumentos de apoio a disposición das empresas galegas para aumentar a súa competitividade y crecemento económico.

A actuación, que conta coa axuda do GALP Costa Sostible e Ría de Arousa, terá lugar  o próximo venres, 8 de abril, na oficina de Turismo de Noia (Edificio Casino), e consistirá nunhas cortas presentacións dos apoios e recursos que ofrecen a Administración autonómica e outras entidades, e unhas mesas redondas coas pemes para dar a coñecer casos de éxito de cada comarca.

Ligazón ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN: http://xornadas.galiciainnovacion.es/CaminoDeFuturo 

PROGRAMA do venres 8 de abril (Noia):

12:00 - 12:10 H.

Introdución do Programa Impulso á Innovación nas Pemes.

Fernando Guldrís, Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

12:10 - 12:40 H.

Presentación Mapas de Apoios da Vicepresidencia Segunda e  Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

12:40 - 13:00 H.

Presentación de Apoios doutras Consellerías (GDR e GALP).

13:00 - 13:30 H.

Mesa redonda con casos de éxito empresarial.

13:30 - 13:35 H.

Peche da xornada

Francisco Conde López, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación.

13:35 H.

Café-Networking