Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O activista Martin Hutchinson axudou a escolares da Illa a recoller lixo da praia

 

Un grupo de sesenta pequenas e pequenos voluntarios de 6º de primaria do CEIP Torre Illa realizou onte unha actuación de limpeza na praia do Cabodeiro na Illa de Arousa. A actividade enmárcase dentro dun programa de concienciación ambiental ao amparo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de Arousa e contou coa colaboración do Concello de A Illa.

A concelleira de Medio Ambiente, Gabrielle Freiin Von Hundelshausen, explicaba que co lixo extraído encheron novamente a caixa dun camión. Foron sobre todo plásticos e maderas, ademais doutros residuos entre os que destacan un cartucho de impresora, altamente contaminante, e un contedor de aceite usado.

Aos escolares tamén lles sorprendeu a gran cantidade de tarugos ou paliños de plástico utilizados nas cordas das bateas de mexillón. O activista ambiental que viaxa polo mundo en bicicleta para denunciar a contaminación, Martin Hutchinson, acompañounos na actividade e ocupouse de contar ata 700 destes paus. 

A actividade de concienciación medioambiental comezou previamente no colexio. Na saída o alumnado estivo acompañado polos seus familiares.