
Hoxe a II Edición do programa medioambiental A NOSA RÍA recalou en Catoira, unha vez máis co foco posto en crear conciencia social no alumnado dos nosos centros educativos, de cara á conservación das zonas costeiras e potenciar a colaboración entre entidades do mesmo territorio na liña dun obxectivo común.
Un total de 30 alumnas e alumnos do CEIP Progreso de Catoira participaron nunha sesión de educación ambiental sobre a xestión de residuos, o seu tempo de residencia no medio e as solución para combater a súa acumulación (redución, reutilización ou reciclaxe). Esta actividade de sensibilización está plantexada a partir dunah metodoloxía baseada na participación a través dos xogos e apoiada nas explicacións das persoas monitoras de divulgación.
O programa xa pasou por Rianxo e aínda se vai desenvolver nos concellos de Riveira, A Pobra de Caramiñal e Boiro. En total participarán en torno a 350 escolares e varias entidades de carácter social como AMBAR, AMICOS e A Creba.

