
Grazas á axuda do Galp Ría de Arousa, o Faro de Corrubedo e os edificios anexos serán rehabilitados para a súa explotación como HOTEL RESTAURANTE FARO DE CORRUBEDO, situado nun entorno único próximo á costa, no municipio de Ribeira. Trala rehabilitación vanse prestar unha serie de servizos de hostelería a clientes e viaxeiros que se acheguen a visitar o gran atractivo turístico da zona, dotando as instalacións do faro de Corrubedo e o seu entorno dunha serie de atractivos e servizos que o convirtan nun dos referentes turísticos indiscutibles de España. En total, a axuda do GALP ascende a 200.000 euros nun proxecto que ten un custe total de case 1.149.483,87 euros e que proporcionará emprego estable a unhas dez persoas.
A empresa promotora do proxecto, Rianxo Xestión de Empresas SL, xestiona outros dous restaurantes na comarca, o Restaurante Cascada en Ribeira (Camping Ría de Arosa II) e Restaurante Ría de Arosa, en Cabío, na Pobra do Caramiñal (Camping Ría de Arosa I). O obxectivo global do proxecto HOTEL RESTAURANTE FARO DE CORRUBEDO é, sen dúbida, ambicioso, pois non se trata tan só de prestar unha serie de servizos de hostalería a clientes e viaxeiros que se acheguen a visitar o gran atractivo turístico da zona, senón de dotar ao faro de Corrubedo e á súa contorna dunha serie de atractivos e servizos que o convertan nun dos referentes turísticos indiscutibles de España.
Trátase de fomentar un turismo desestacionalizado, respectuoso co medio e interesado na cultura do mar . O servizo será realizado os 365 dias do ano, e estará dirixido a un público de alto nivel adquisitivo que queira vivir a experiencia de durmir nun faro. O hotel terá un total de 11 habitacións, 9 delas de nivel 'Premium' e as outras 2 'Suite'. Ademais do restaurante, amén contempla unha cafetería-kiosko con serbizo de xeadería artesanal. En total o Hotel Faro de Corrubedo vai crear arredor de 10 postos de traballo estables no territorio, ademais de contratacións estacionais en tempadas de máxima ocupación.

