Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP 5 anima ao sector a presentar proxectos nesta nova convocatoria

 

O salón de actos da Cámara de Comercio de Vilagarcía acolleu a xornada técnica de axuda á elaboración de proxectos para a súa presentación de cara á nova convocatoria das axudas do Fondo Europeo Marítimo que corresponden ao grupo de acción local de pesca, Galp-5 Ría de Arousa. A actividade forma parte do período de programación comunitario do Fondo Europeo Marítimo de Pesca para el periodo 2014- 2020, que entra xa na súa recta final. O obxectivo do GALP 5 é liderar as accións que permitan o desenvolvemento e o fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesquero, a estimulación da innovación e unha diversificación para as persoas profesionais do sector do mar, buscando a estabilidade sostible.

A xerente desta entidade, Rosa Carballo Martínez, indicou que "esta xornada está dirixida exclusivamente ás persoas que teñen proxectos en marcha e pretenden presentalos á convocatoria de axudas cuxo prazo finaliza o 1 de marzo. Xa tivemos varias reunións para explicar os termos das mesmas; agora só queda aclarar dúbidas sobre como cubrir a memoria das iniciativas". Rosa Carballo amosou a súa satisfacción pola inquedanza e implicación que existe na xente que forma parte do Galp Ría de Arousa. De feito, no ano 2016 presentáronse 47 proxectos e en 2017 foron 43. "Agardamos que a actual convocatoria siga con tanta actividade", apuntou. A xerente tamén sinalou que dentro dos primeiros Premios Economía Azul dos Grupos de Acción Costera, dos catro premios establecidos, tres fueron para a Ría de Arousa. Os proxectos finalistas do certame foron votado polo público que apostou decididamente polas iniciativas deste territorio costeiro.

Os proxectos que se presenten á nova convocatoria de axudas deberán ser informados polos membros do Galp-5 Ría de Arousa no prazo de 45 días para ser remitidos á Consellería do Mar. As iniciativas do sector serán presentadas directamente, pero tamén poden formularse outras por parte das administracións locais da Ría de Arousa que deberán ser tramitadas telemáticamente e remitidas ao Galp-5 para o seu informe. Espérase que no verán podan coñecerse os proxectos que contarán coas axudas do Fondo Europeo Marítimo da Pesca.

Este programa comunitario está orientado a facer realidade actuacións destinadas a estimular nas zonas pesqueiras a creación de novas fontes de ingresos sostibles e dun incremento da calidade de vida nos territorios costeiros. Son medidas que complementan ás de aplicación da política pesqueira común e de regulación dos impactos económicos, sociais e medioambientais da extinción dos recursos nas zonas con actividades íntimamente ligadas ao sector pesqueiro e acuicultor. O obxectivo do Galp 5-Ría de Arousa é liderar accións que permitan o desenvolvemento local e o fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesqueiro, a estimulación da innovación e a diversificación para as persoas profesionais do mar.