Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP convídalles a asistir ao encontro de conclusións do proxecto de igualdade no sector pesqueiro

O día 6 de outubro celebrarase o encontro de conclusións do proxecto de igualdade promovido polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa, cuxo obxectivo foi o de reforzar a formación e o apoderamento das mulleres do mar.

Este encontro foi organizado entre o GALP e as propias mulleres participantes, que serán quen teñan o protagonismo durante a xornada, compartindo co público asistente as conclusións do proxecto e as reflexións e avances entorno á igualdade no sector pesqueiro.

A xornada desenvolveranse cumprindo as medidas de seguridade derivadas da situación sanitaria. Así mesmo, terán un carácter participativo, fomentando o debate e o diálogo entre as persoas asistentes.

 

Encontro das mulleres do mar: xornada de conclusións

            Data: 6 de outubro de 2020

            Hora: 18:00h

            Lugar: Centro social de Cabo de Cruz, R/ Pesqueira nº 93 - 15.939 - Cabo de Cruz

 

Para asistir ao encontro, pregamos confirmar a asistencia no correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com, ou no teléfono 627096062 (Ana González, asistencia técnica do proxecto).

No seguinte enlace pode consultar o programa previsto:

https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/programa-encontro-igualdade-outubro...