
O GALP Costa Sostible convida o vindeiro venres 30 de novembro ás empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta dos Faros de Galicia.
Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros.
Para elo deseñouse un programa que contempla a visita a recursos fundamentais deste territorio complementándoas cunha xornada de traballo e unha sesión de networking que remata cun pincho de inspiración mariñeira.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse cubrindo o cuestionario ao que se accede premendo na seguinte ligazón: http://bit.ly/FamTripsRutadosFaros
Tamén poderán facer uso do transporte público específico que fará paradas nos Xulgados de Carballo ás 7:45, no concello de Muros ás 9:00, en FEXDEGA ás 9:00 e na gasolineira da entrada de Rianxo ás 9:20.
Este evento contará cunha visita ao o Mercado Municipal de Ribeira, a Illa de Sálvora, o Faro de Corrubedo e o Miradoiro de A Curota. O restaurante encargado do pincho mariñeiro será o Benboa.
PROGRAMA:
07:45 – Recollida de participantes nos Xulgados de Carballo
09:00 – Recollida de participantes no Concello de Muros
09:00 – Recollida de participantes en FEXDEGA (Vilagarcía de Arousa)
09:20 – Recollida de participantes na gasolineira da entrada de Rianxo.
10:00 – Presentación da ruta dos Faros. no Mercado municipal de Ribeira
11:00 – Elevator Pitch
12:30 – Visita a Sálvora
14:30 – Pincho mariñeiro no Benboa
16:00 – Visita ao faro de Corrubedo
17:00 – Selfie na Curota
18:00 – Volta aos puntos de recollida

