Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Galp Ría de Arousa pon en marcha un proxecto de dinamización dirixido a fortalecer o apoderamento das mulleres do sector pesqueiro

Dinamización das mulleres do mar da Ría de Arousa

O Galp Ría de Arousa pon en marcha un proxecto de dinamización dirixido a fortalecer o apoderamento das mulleres do sector pesqueiro

 

Un ano mais o GALP Ría de Arousa continúa co seu compromiso por fomentar a igualdade de xénero no sector do mar.

 

Este proxecto ten como obxectivo principal fortalecer o liderado, as habilidades dixitais e o traballo en equipo das mulleres que desenvolven a súa actividade profesional no mar, mediante tres sesións formativas nas que continuar xerando redes entre mulleres da conserva, mariscadoras, redeiras, armadoras, percebeiras, praceiras, directivas, e do movemento asociativo.

 

Despois do verán, celebraranse dúas xornadas abertas contando coa participación de expertas sobre dous temas de especial interese para as mulleres do mar: unha xornada tratará sobre os dereitos laborais e o Réxime do Mar; e outra sobre saúde laboral, prestando especial atención a boas prácticas de saúde e ás medidas a ter en conta por mor da COVID-19.

 

Por último, o proxecto rematará cunha xornada de conclusións no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, na que se compartirán as aprendizaxes comúns e onde as mulleres participantes tomarán o protagonismo do espazo, polo que os convidamos a participar.