Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O GALP Ría de Arousa presenta o proxecto "Formartea" na xornada "Un mar de oportunidades laborais"

 
 
Onte tivo lugar no Edificio de Servicios Multiples de Culleredo a xornada "Un mar de oporunidades laborais", organizada polo GALP Golfo Artabro Sur co obxectivo de abordar a inserción laboral das persoas con diversidade funcional. Para isto, levouse como exemplo de boas prácticas proxectos dalgúns GALPs galegos.
 
O GALP Ría de Arousa presentou o proxecto "Formartea", realizado pola Asociación BATA de Vilagarcía de Arousa. A orientadora laboral de dita asociación, Paula Ramos Díaz, falou sobre o desenvolvemento dese proxecto, que consistía na formación teórica-práctica das persoas con autismo en traballos relacionados coa pesca e a protección do medio ambiente. A xerente do GALP, Rosa Carballo remarcou a importancia destes proxectos para posibilitar a integración das persoas con diversidade funcional a través da súa inserción no mercado laboral.
 
Na xornada tamen participaron asociacións do GALP Golfo Artabro Sur para falar de empregabilidade das persoas con diversidade fucional. Finalmente tivo lugar unha mesa redonda onde se aportaron ideas e se crearon sinerxias cara o futuro de todos os axentes implicados.