
O proxecto consiste nunha ruta para coñecer A Illa de Arousa e os oficios relacionados co mar: o cultivo do mexillón nas bateas e o marisqueo. Esta ruta componse de unha serie de actividades coas que descubrir os lugares mais emblemáticos da illa, como o Faro de Punta Cabalo ou as diferentes praias e portos, nos que coñecer de primeira man o funcionamento das bateas ou o árduo traballo das mariscadoras.
A actividade iníciase cun percorrido en bicicleta desde o punto de saída ata unha praia, onde se poderá realizar un taller de marisqueo de man dunha mariscadora profesional. Os participantes aprenderán a diferenciar as diferentes especies de ameixas e a utilizar as artes de marisqueo. Unha forma práctica e lúdica de coñecer este sector.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Diversificar a actividade pesqueira cara o turismo mariñeiro.
-Crear unha oferta turística que teña como base a promoción do sector pesqueiro da ría de Arousa.
-Mellorar as condicións para a creación e mantemento do emprego no entorno rural.
-Dinamizar o turismo deportivo e de ocio na zona da ría de Arousa.
-Axudar a recuperación e a protección da biodiversidade dos ecosistemas acuáticos co uso de material non contaminante.
-Fomentar a comercialización turística de calidade no entorno.
-Dotar de contidos innovadores a oferta turística.
- Achegar o mar ao público para que deixe de ser un medio hostil e se converta nun medio de pracer.
-O fomento da competitividade e a viabilidade no sector turístico da Ría de Arousa.
-Fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio a empregabilidade.
-Creación de novos produtos turísticos de dimensión internacional.
-Profesionalización do sector coa formación do equipo de traballo.
-Posicionamento no mercado da promotora como guía especializada no turismo mariñeiro.
-Incremento dos visitantes durante a tempada baixa.
-Mellorar a conservación da biodiversidade
Este proxecto consta de diferentes actividades: unha ruta en kaiak ou nunha tabla de paddle surf eléctrica, snorkel, un taller de marisqueo e unha ruta en bicicleta.
Además desenvolveranse unha serie de accións para a promoción de esta ruta, como son as campañas de márketing (por exemplo Google Ads...), a publicidade nas redes sociais ou o traballo con diferentes axencias de viaxes.
Os beneficiarios directos da implantación do proxecto serán todas aquelas persoas que realicen a actividade turística proposta.
Tamén a promotora se verá directamente beneficiada economicamente, porque a implantación no mercado destes servizos axudará a levar a cabo o seu traballo dando servizos turísticos en torno o mundo mariñeiro. Indirectamente, os negocios da hostalería tamén se verán beneficiados, posto que o crear produtos que chamen para visitar a zona, as persoas que veñan a disfrutar da actividade crearán consumo.
As persoas que se interesen por os servizos terán o alcance a posibilidade de coñecer o mundo do mar dunha forma totalmente diferente as que existen hoxe en día no mercado. Terán a man realizar unha actividade que pon en valor diferentes elementos do noso rico patrimonio.
|
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio a diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, o aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas |
Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara as actividades turísticas
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

