Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O martes 14 de xullo o GALP Ría de Arousa organiza a segunda sesión de formación dirixida ás mulleres do mar, coa posta en práctica de habilidades para o traballo en equipo e o liderado como obxectivo principal

O vindeiro martes levarase a cabo a segunda sesión de formación deste proxecto de igualdade e dinamización do sector pesqueiro, impulsado polo GALP Ría de Arousa, que pretende potenciar e poñer en práctica as habilidades das mulleres do mar, para tomar conciencia das propias capacidades e impulsar o seu apoderamento.

 

Despois do desenvolvemento da primeira sesión, na que nos aproximamos a distintas aplicacións en liña para organizar reunións e puxemos a proba as nosas habilidades dixitais, nesta segunda sesión centrarémonos nas habilidades para o traballo en equipo e o liderado mediante dinámicas participativas.

 

A sesión terá lugar no Pazo Vista Real (Vilanova de Arousa), o día 14 de xullo entre ás 18h e ás 21h. Se o tempo acompaña, realizaremos a sesión ao aire libre. As inscricións ás xornadas son gratuítas, pero é preciso confirmar asistencia para que podamos ter unha previsión do tamaño do grupo e garantir as medidas de seguridade. Podes inscribirte no 627096062 ou escribindo ao correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com