venres, 16 de Novembro de 2018 - 11:11

O programa 'A Nosa Ría' visitou hoxe o IES Leliadoura do Concello Riveira, nunha sesión sesión conxunta con usuarias e usuarios da Asocación Ambar. A xornada de concienciación medioambiental completouse cunha actividade práctica na praia de Coroso, onde o alumnado de secundaria participou nunha recollida de lixo, que foi analizado, separado e xestionado conforme aos estándares que aprenderon na sesión teórica do programa.

