Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O programa medioambiental A Nosa Ría continúa as súas actividades na Arousa Norte

 

Despois da visita a Sálvora o pasado 22 de maio, continúan as actividades do programa de Medio Ambiental A Nosa Ría nos concellos da Arousa Norte co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a necesidade de coidar o noso entorno en beneficio das persoas e do planeta.

O vindeiro mércores 12 de xuño, en horario de tarde, está prevista unha visita a unha zona de marisma no concello de A Pobra, cun grupo de 20 persoas con diversidade funcional para realizar unha actividade sensorial sobre o espazo.

O día 24 de xuño un grupo de persoas con diversidade funcional da Asociación AMBAR visitará a desembocadura do río Ulla en Catoira, onde descubrirán os motivos polos que espazos coma ese deben ser conservados.