martes, 19 de Decembro de 2017 - 08:12
Despois dunha sesión na aula, 20 alumnas e alumnos de 5º de primaria, do CPI O Progreso de Catoira, participaron na recollida de lixo na praia fluvial de Catoira, dentro das actividades de sensibilización medioambiental que continúa organizando o Galp Ría de Arousa en todos os concellos do seu territorio.