Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O programa “O Sal do Mar” analizará o 28 de xullo en Boiro como os ciclos biolóxicos afectan á actividade profesional das mulleres do mar

GALP Ría de Arousa Programa O Sal do Mar 2021 xornada ciclos biolóxicos

 

O GALP Ría de Arousa, no marco do programa O Sal do Mar, celebrará o mércores 28 de xullo, ás 18:00 h no Centro Social de Escarabote (Boiro), unha xornada que analizará como afecta a menstruación, a menopausia, os embarazos e outras cuestións relacionadas cos ciclos biolóxicos na dinámica profesional das mulleres do mar. María Luísa Outeiral, concelleira de Feminismo e Igualdade do Concello de Boiro, dará a benvida á xornada.

Para desenvolver esta conversa contarase coa presenza e participación de Mª Paz Diéguez Montes, subdirectora da Escola Universitaria de Enfermería adscrita á Universidade de Vigo; e con Dolores García Rodríguez, matrona no Servizo Galego de Saúde. Nesta sesión, como en todas as realizadas ata agora no programa, valorarase moito a participación das asistentes, polo que se anima ás futuras asistentes a que preparen cuestións ou preguntas relacionadas coa saúde para poñer en común coas profesionais convidadas.

Se tes interese en participar nesta xornada, podes poñerte en contacto con nós no correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com ou no teléfono 627 096 062. Ademais, agradecemos que se comparta este convite con outras mulleres para brindar a posibilidade de que tamén participen.

Xornada final

A sesión do 28 de xullo pechará este ciclo de conversas que, despois do verán, o 22 de setembro ás 18:00 h, celebrará, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, unha xornada final, na que se poñerán en valor as conclusións das xornadas anteriores, e establecerase un debate no que comezar a recoller os retos e as liñas mestras das accións de igualdade que pode incorporar o GALP Ría de Arousa no seguinte período.