Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O programa Relevo 2 publica o seu manual de boas prácticas

Relevo 2 - Manual de Boas Practicas web


A pesca constitúe en Galicia un sector innovador e internacional e hai que cooperar para mellorar as condicións de vida e traballo das persoas do mar e a sostibilidade dos recursos pesqueiros. 

Galicia conta con centros de formación dos que saen profesionais altamente cualificados; as Escolas Náutico Pesqueiras, o IGAFA (Centro de Formación en Acuicultura), centros de Formación Profesional ou as tres universidades son exemplo diso, cun amplo catálogo de titulacións que ofrecen milleiros de saídas profesionais.

Por iso, o estudo e visibilidade das boas prácticas docentes constitúe un dos principais compromisos da investigación e avances educativos. Con este obxectivo, o programa Relevo 2 - Mocidade a bordo, publica o seu manual de boas prácticas, que inclúe, entre outro aspectos, experiencias reais dentro dos GALP que poden servir de inspiración, así como unha relación de centros formativos do sector, desde oficios e cursos ata titulacións oficiais e as posibles saídas profesionais que existen.

⬇️ Podes consultar e descargar o manual completo na seguinte ligazón