Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O que nos conta o Mar da Arousa

Trátase dun proxecto que involucra catro sectores relevantes como son o mar, a cultura, a educación e a investigación. O plan proposto iníciase no 2023 e exténdese ata o 2024 desenvolvéndose en dúas fases. A primeira consiste na elaboración e impresión das obras literarias infantís e na creación de materiais didácticos de apoio. A segunda é a difusión mediante a intervención lectora en escolas de primaria a cargo de persoas do sector do mar e profesionais da divulgación.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CONCELLO DE BOIRO
Datos de interese: 
https://www.boiro.gal/index.php/es/
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) n
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
19/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
10
Anualidades: 
2023-2024
Data fin de execución: 
31/10/2024
Ámbito de aplicación: 

Boiro - A Coruña

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
45.603,9€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
45.603,9€
Total axuda pública aprobada (€): 
45.603,9€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
31.922,73€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
13.681,17€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo do proxecto é a transmisión do coñecemento xerado en universidades e centros de investigación ás xeracións novas a través de obras literarias infantís e de materiais didácticos asociados ás mesmas, así como a transmisión do patrimonio inmaterial vinculado á pesca e o marisqueo da Ría de Arousa. Preténdese dar respostas a cuestións centrais do cambio climático, pesca e sostebilidade do medio mariño baseadas no rigor científico. Ao mesmo tempo preténdese promover a carreira investigadora e as profesións asociadas ao marisqueo e a pesca espertando o interese nas novas xeracións. As obras literarias incidirán no rol da muller na ciencia e no mar e empregarán historias mariñeiras tradicionais, coñecementos e saberes populares característicos do sector na ría de Arousa e a talasonimia asociada, para fortalecer a conservación dos mesmos nas xeracións devandeiras.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Catro obras literarias enfocadas no público infantil que resaltan os valores da Ría de Arousa facendo énfase na talasonimia e tradicións pesqueiras e marisqueiras da zona, achegando unha visión científica sobre as problemáticas do cambio climático.

 

Actividades didácticas cos 7 colexios do concello de Boiro que axuden a transmitir a importancia do coidado do medio mariño, dos valores culturais asociados ao sector pesqueiro e marisqueiro así como o rol da muller vinculado ao coidado do océano.

Principais actividades do proxecto: 

ACCIÓN 1: deseño de personaxes específicos que axuden a dar entidade á serie contos. Unha personaxe interpretada por unha muller investigadora e mariscadora que unificará coñecemento tradicional e científico para demostrar a importancia de ámbolos dous na conservación do ecosistema marítimo-costeiro.

 

ACCIÓN 2: creación de catro obras literarias onde o personaxe protagonista desenvolve distintos temas de relevancia no coidado e conservación do medio mariño e que poñen en valor o patrimonio cultural e a talasonimia da Ría de Arousa.

 

ACCIÓN 3: creación de materiais didácticos asociados a cada obra literaria infantil que faciliten a súa divulgación e difusión dos valores culturais e patrimoniais así como de conservación do mar entre o público obxectivo.

 

ACCIÓN 4: maquetación e impresión das obras literarias. Realizaranse 200 copias de cada obra, a cor, en materiais sostibles …..

 

ACCIÓN 5: divulgación das obras literarias en colexios de primaria e bibliotecas a través de actividades de contacontos e actividades complementarias á lectura que axuden á transmisión dos coñecementos e información das obras

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo

Obxectivo específico da EDLP: 

Conseguir que a ría de Arousa teña unha identidade propia vinculada ao patrimonio cultural marítimo e pesqueiro

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)