Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Onte tivo lugar a xornada sobre saúde laboral das mulleres nas profesións do mar, no Centro Social de Escarabote, Boiro.

 
 
Na tarde do martes xuntáronse un total de 30 mulleres interesadas na saúde laboral e o Réxime especial do mar. Os perfís profesionais das asistentes foron diversos: dende mariscadoras a pé, percebeiras, bateeiras, mulleres en empresas de comercialización en liña de produto pesqueiro, e mulleres pertencentes ás xuntas directivas das Confrarías de pescadores da zona da Ría de Arousa.
Ao longo da tarde contamos coa compañía de Alfonso Pérez, profesional do Instituto de Saúde e Seguridade Social de Galicia, que abordou o tema das enfermidades profesionais, os accidentes de traballo, e a prevención e os bos hábitos no traballo. Visitando a súa páxina web podedes atopar documentación e estudos relacionados coa actividade profesional das mulleres do mar.
Asi mesmo, puidemos entrar en conversa con Jorge Busto, de ASEMAR, que nos fixo unha panorámica do Réxime especial do mar. Pola súa parte, grazas á experiencia de Mª del Mar Busto asesorando ao sector, puidemos poñer en común dúbidas concretas entorno a procedementos de baixas laborais, xubilacións, bases de cotización, etc.
A seguinte xornada terá lugar o martes 22, ás 18.30h, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Para inscribirse á xornada é preciso confirmar asistencia no correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com, ou no teléfono 627 096 062.
Podes descargar o programa da vindeira xornada aquí: