
O Pazo Vista Real volveu acoller a segunda sesión formativa dirixida ás mulleres que desenvolven a súa actividade profesional no sector do mar, organizada polo GALP Ría de Arousa. Desta vez, o grupo estivo conformado por profesionais do sector das bateas e do marisqueo, con mulleres que traballan o proceso de extracción de recursos e tamén que forman parte dos postos de administración e xerencia das Confrarías, Agrupacións e Cooperativas.
Esta segunda sesión xirou entorno ás habilidades sociais, básicas tanto para o traballo produtivo como para realizar con éxito as tarefas asociadas aos postos de xestión e coordinación. Desta forma, facéndonos conscientes das propias capacidades, propuxémonos potenciar as que xa temos naturalizadas, e tamén a poñer en práctica as que nos gustaría fortalecer. A partir deste exercicio, que serviu como punto de partida, desenvolvemos unha dinámica na que facíase preciso acadar un acordo grupal, no que cada persoa puxo en xogo as súas habilidades para cooperar, convencer, ceder, superar conflitos e chegar a un acordo, respectando as súas propias preferencias e ás das demais persoas do grupo.
A seguinte sesión formativa, organizada para o día 21 de xullo, abordará estratexias para falar en público. Se queres participar, podes inscribirte chamando ao 627096062 ou no correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com
Esta terceira sesión será a última ata despois do verán, cando se organizarán 3 sesións informativas, abertas ao público, sobre os dereitos laborais e o Réxime do Mar, e a saúde laboral, analizando estes ámbitos dende a perspectiva de xénero.
DENDE O GALP RÍA DE AROUSA, ANIMÁMOSVOS A TODAS A PARTICIPAR!!