Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Os centros educativos da Arousa Sur súmanse ás actividades de educación medioambiental

 

Hoxe comezou no IES As Bizocas do Concello do Grove o programa de educación medioambiental POR UN FUTURO SOSTIBLE NA NOSA RÍA que o Galp Ría de Arousa vai desenvolver durante todo o mes de novembro en centros de ensino da Arousa Sur e que xa está en marcha tamén nos concellos da Arousa Norte.

Un total de 80 alumnas e alumnos de 1º e 3º de ESO participaron na primeira sesión divulgativa na aula. O obxectivo da actividade centrouse en concienciar ao alumnado de que reducir a presenza do lixo é unha tarefa á que todas e todos estamos obrigados, pois somos nós en maior ou menor medida quenes causamos o problema.  Dentro da unidade didáctica desenvolvida espuxéronse os importantes problemas que están atopando nos últimos anos os habitantes dos océanos, ameazas descoñecidas ata o de agora que poñen en perigo as súas vidas, como a contaminación e a acumulación de lodos, a acidificación do mar causada polo aumento do nivel do dióxido de carbono atmosférico, o aumento da temperatura do océano, e o lixo mariño, especialmente o plástico. A actividade céntrase especialmente en explicar os problemas causados polo lixo mariño como os enredos da fauna mariña, a inxestión e intoxicación con plásticos, a introdución de especies exóticas invasoras, os efectos negativos na capacidade de alimentación, respiración, crecemento e reproducción; e os impactos na sociedade e na economía: xestión dos propios residuos e as perdas económicas en industrias como a pesca, o tráfico marítimo, as actividades recreativas ou o turismo.

Esta actividade completarase nos próximos días cunha segunda sesión a pé de praia na que terán a oportunidade de facer traballo de campo e poñer en práctica os coñecementos adquiridos.