Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Peche do proxecto de cooperación Morada Atlántica este xoves en Valdoviño

 

Unha representación do Galp Ría de Arousa vai participar, xunto cos outros sete Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, no acto final do proxecto de cooperación Morada Atlántica +. Espazo Atlántico, que terá lugar o vindeiro xoves 19 de decembro ás 17:00 no Océano Surf Museo, en Valdoviño (Avenida Gándara de Abaixo, s/n).

O acto contará participación de Rosa Quintana Carballo, conselleira do Mar, Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Alberto González Fernández, alcalde de Valdoviño e Evaristo Lareo Viñas, presidente do GALP Costa da Morte.

O evento incluirá a inauguración da exposición "O océano que nos une", a mostra itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA).

As persoas interesadas en acudir, aínda poden confirmar a súa asistencia enviando un mail a info@redrema.eu ou ben contactando no teléfono 636 111 893.