
PENEIRA ten como obxectivo a promoción e defensa da pesca e o marisqueo sustentable na Ría de Arousa a través da redución de residuos mariños e a súa valorización, así como da promoción dos produtos do mar capturados de xeito respectuoso co medio ambiente. Así, promoverase o crecemento económico das pesquerías desde o punto de vista ambiental, a eficiencia dos recursos, a inclusión social e a xeración de emprego e diversificación de actividades, contribuíndo á prioridade 4 do Programa Operativo do FEMP
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo xeral do proxecto é crear unha axencia liderada por persoas con discapacidade intelectual para a promoción e defensa da pesca e o marisqueo sustentable na Ría de Arousa.
1. Facer das persoas con discapacidade intelectual axentes protagonistas e impulsores do cambio social para a sustentabilidade económica da Ría.
2. Mellorar a calidade ambiental da Ría e promover a pesca sustentable.
3. Colocar a Axencia como referente comarcal en Barbanza-Arousa na custodia ambiental mariña
16 persoas con discapacidade formadas como axentes do cambio
20 intervencións para a mellora da calidade ambiental da Ría
300 kg de residuos recollidos
10 superficies comerciais e/ou establecementos hostaleiros nos que se comercializan materias primas capturadas por embarcacións “ Buque Azul”.
1 boletín electrónico para a comunicación e divulgación do proxecto
1 serie documental protagonizada polos axentes do cambio para visibilizar o potencial beneficio do coidado do medio mariño promovido por PENEIRA.
1 proxecto de diversificación creado
A Axencia ten ademais 3 obxectivos específicos: 1) Facer das persoas con discapacidade intelectual axentes protagonistas e impulsores do cambio social para a sustentabilidade económica da Ría. 2) Mellorar a calidade ambiental da Ría e promover a pesca sustentable. 3) Colocar a Axencia como referente comarcal en Arousa Norte na custodia ambiental mariña
3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono
3.1. Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa. |
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)