
MAR DAS ILLAS 2 é un proxecto non produtivo que pretende elaborar unha proposta sectorial de turismo mariñeiro e un código de boas prácticas para a pesca no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, promovendo a sostibilidade na Pesca – Turismo.
O principal obxectivo do proxecto é promover o desenvolvemento por parte do sector pesqueiro de actividades de diversificación que permitan visibilizar e garantir a sostibilidade das súas prácticas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación de melloras da comercialización de produtos e servizos da pesca no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia.
Despois da boa acollida do Proxecto MAR DÁS ILLAS 1 e o interese que mostrou o sector na regulación do Turismo Mariñeiro e Pesca Turismo e nos cursos formativos, lánzase agora esta nova edición para dar continuidade ao proxecto formando a todos aqueles interesados que quedaron en lista de espera na pasada edición. Durante a semana do 15 ao 18 de outubro celebrouse o primeiro dos cursos no Galp Ría de Vigo - A Guarda e agora é o turno para o curso de Iniciación ao Turismo Mariñeiro no Galp Ría de Arousa.
A presentacion terá lugar o LUNS 22 DE OUTUBRO de 16:00 a 16:30 e a continuación comezará o curso de Iniciación ao Turismo Mariñeiro no ámbito de influencia do PNMTIAG, curso para o que xa están todas as plazas cubertas.

