Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación proxecto TANZA

O GALP RÍA DE AROUSA terá unha presentación o vindeiro día 28 de xullo en Fexdega (Vilagarcía de Arousa) do proxecto TANZA, O PROXECTO DE COOPERACIÓN ENTRE O SECTOR PESQUEIRO E O DE INCLUSIÓN. 

 

Esta iniciativa, promovida por seis dos oito GALPS galegos busca fomentar o emprego inclusivo na zona costeira galega, foi presentado a semana pasada nunha reunión virtual, moderada por Javier Otero - Patrón Maior da Confraría de Ribadeo e Presidente do GALP A Mariña - Ortegal, coordinadora do proxecto. A esta presentación asistiron representantes dos seis GALP promotores da iniciativa ( A Mariña - Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa), así como representantes da organización, a Conselleira do Mar, Rosa Quintana e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo.

 

Este proxecto de cooperación xorde da necesidade de definir lazos de cooperación entre o sector pesqueiro e o ámbito social, sobre todo no que respecta ao ámbito das discapacidades, e a mellora medioambiental. Así, o seu principal obxectivo é o de por en contacto a entidades da área da inclusión social co sector pesqueiro ao longo de toda a costa galega co fin de mellorar a empregabilidade e a inclusión social nas actividades vencelladas ao mar.

 

O proxecto pretende reforzar a gobernanza das zonas costeiras cunha visión colaborativa e integradora do sector do mar, a inclusión social e tamén do importante papel que teñen os concellos como dinamizadores do territorio. Busca, por tanto, impulsar un maior dinamismo socioeconómico nas zonas costeiras, cunha marcada orientación á promoción dunha economía máis verde e sostible.

 

Ao longo do verán organizaranse reunións informativas dende Ribadeo ata O Grove co fin de divulgar o proxecto e detectar as oportunidades de colaboración entre ambos sectores. Nelas poderán participar entidades da área de inclusión social como centros ocupacionais, centros especiais de emprego e asociacións, así como confrarías, empresas e entidades do sector pesqueiro.

 

Para máis información, non dubiden en contactar co GALP Ría de Arousa

-Rosa Carballo Martínez. 986 510 953 – 628 15 53 86

galp.mar.riadearousa@xunta.gal, gac.riadearousa@hotmail.com