Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Preséntanse as conclusións do estudo sobre a situación profesional das mulleres do mar de Arousa

 

Este xoves 21 de novembro terá lugar, no auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa, a presentación dos resultados e conclusións principais do proxecto promovido polo GALP Ría de Arousa en colaboración coa Asociación de Mulleres do Mar de Arousa. Mediante este estudo pretendeuse coñecer o volume de mulleres implicadas no sector pesqueiro, acuícola e de transformación de produtos do mar, para poñer en valor o papel das mulleres no sector e no territorio.

A xornada comezará ás 18:30 cunha benvida institucional a cargo de Maria José Vales, presidenta do GALP Ría de Arousa; Tania García, Concelleira de Igualdade de Vilagarcía de Arousa; e Rosa Carballo, xerente do GALP Ría de Arousa, axente dinamizador das mulleres do Mar. A continuación, proxectarase o vídeo “Mulleres do mar de Arousa”, galardoado co 1º premio da terceira edición do certame de vídeos da International Association for Women in the Seafood Industry (WSI); e Ana González, responsable da asistencia técnica do proxecto, presentará o Estudo sobre a situación profesional das mulleres do mar de Arousa. Para rematar, Dolores Gómez, presidenta da asociación Mulleres do Mar de Arousa presentará as propostas elaboradas en base a estes resultados poñendo o ofoc no futuro do asociacionismo no sector. Ao finalizar o acto haberá unha degustación de produtos mariñeiros.

Para calquera asunto relacionado coa asistencia ao evento poden poñerse en contacto coa responsable da asistencia técnica, Ana González (699 614 737) ou en ana.gonzalez@cidadania.coop