
O proxecto vai consistir na realización de produtos de 5ª gama a través de materias primas provintes da pesca artesanal e de cultivos da Ría co fin de crear un produto de calidade e co obxectivo de achegar os produtos galegos a zoas onde non se coñecen, para facilitar que as persoas poidan comer ben e de calidade sen necesidade de elaborar os produtos nas súas casas, xa sexa por falta de tempo ou por descoñecemento do tratamento destas receitas/produtos. Tamén facilitará o sector HORECA que poida ter nas súas cartas produtos de calidade reducindo o custo que isto lle suporía.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Poñer en valor os produtos procedentes da pesca da Ría de Arousa.
- Minimizar o impacto ambiental da actividade económica.
- Favorecer o desenvolvemento social e económico do territorio.
Os resultados previstos coa posta en marcha deste proxecto son os seguintes:
- Mellorar a comercialización dos produtos mar mediante a comercialización de produtos precociñados procedentes da pesca artesanal.
- Diminuír as emisións de Co2, mediante o emprego de fontes de enerxía solar.
- Valorización dos residuos xerados no proceso produtivo mediante a correcta separación e entrega a unha empresa xestora.
- Contribuír á dinamización económica e social do territorio mediante a creación de emprego.
- Emprego das TIC na xestión e comercialización.
Dentro da zoa de ELABORADO de produtos necesitarase a adquisición de maquinaria. Estas máquinas son innovadoras no mercado polo seu carácter eficiente, xa que enerxeticamente o son, e pola súa innovación no campo da alimentación.
Tamén para o correcto funcionamento na zona elaborado de produtos necesitaremos cámaras de conxelación e frío que tamén serán de carácter eficientes no consumo de enerxía.
O proxecto vai contar con paneis solares con fin de minimizar o impacto medioambiental da futura actividade e optar por enerxías renovables así como que toda a maquinaria utilizada sexa eficiente enerxeticamente.
Outro dos obxectivos do proxecto e a creación de códigos QR que se situaran nos embalaxes dos produtos finais, a través dos cales se verá un vídeo representativo cunha explicación sobre o produtos principal así como da captura do produtos que se está a consumir. Así, deste xeito proporcionaranse coñecementos sobre o produtos que se está a consumir acercando a cultura e importancia da pesca sostible de Galicia a todo o mundo.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños
Obxectivo específico 1.1: Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
Obxectivo específico 1.2: Acadar a incorporación laboral/profesional da mocidade e a profesionalización no sector pesqueiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)