
Trátase de realizar e combinar nunha xornada a visita ao Arquipélago de Cortegada que pertence ao PNIA, como eixe principal coa visita aos viveiros de Carril, os lombos do Ulla, a lonxa de Carril, as bateas, a ruta traslatio ou a conserveira “Os peperetes” co fin de dinamizar o sector e dar a coñecer unha contorna natural de grande interese paixasístico e medioambiental. Así como a creación de rutas virtuais e actividades deportivas.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
I.I. Compra dunha embarcación accesible. Material 3d-divulgativo e vehículo de apoio para dar a coñecer e divulgar a contorna natural do arquipélago de Cortegada, así como a promoción da estrutura e funcionamento entre outros do sector marisqueiro galego a través do exemplo da vila mariñeira de Carril e enfocando en dous piares principais: a explotación e comercialización dos produtos marisqueiros da zona de Carril. Promovendo actividades de sensibilización sobre o medio ambiente mariño e terrestre, aproveitando como recurso o arquipélago de Cortegada que pertence ao Parque Nacional Maritimo Terrestre das Illas Atlánticas e a súa contorna.
I.II. Deseño virtual de rutas en 360 para facelas accesibles a persoas con diversidade funcional. Realizarase o deseño da ruta en Cortegada, do cultivo de mexillón en batea e parte da ruta traslatio para a mellora da accesibilidade en servizos turísticos dando acceso a este tipo de actividades a outros sectores en risco de exclusión.
Neste primeiro ano se contempla a compra de equipamentos e materiais necesarios, para nos anos sucesivos afianzar as rutas interpretativas e actividades que se describen a continuación dentro da proposta divulgativa, así como, a consolidación da contratación de persoal.
1.-Ser referente dinamizador dos recursos marisqueiros e naturais da zona: En Vilagarcía de Arousa, e concretamente na contorna de Carril, atópanse uns recursos naturais de indudable valor entre os que destacan a Illa de Cortegada que pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas e os viveiros e lombos do Ulla onde se cultivan diferentes moluscos bivalvos (ameixa, berberecho, etc). O que se pretende é potenciar estes recursos naturais, convertendo a zona nun referente dinamizador do turismo mariñeiro e de natureza, implicando tanto o sector privado (hostelaría, actividades náuticas, etc.) como o sector público.
2.- Incrementar o turismo mariñeiro e de natureza na localidade de Vilagarcía a través da posibilidade de practicar actividades de lecer. Como se describiú no apartado anterior, Vilagarcía atópase na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional das Illas Atlánticas, motivo polo que é necesario aproveitar as sinerxias que isto supón.
3.- Promocionar actividades deportivas en contacto coa natureza. Vilagarcía carece actualmente de empresas que oferten actividades deportivas e de lecer en contacto coa natureza que cubran as necesidades dos visitantes tanto o PNIA como a conttorna natural.
4.- Ofertar e promocionar actividades turísticas accesibles. Na actualidade, case a totalidade das rutas ou actividades que se levan a cabo na contorna de Vilagarcía de Arousa (Arquipélago de Cortegada, desembocadura do río Ulla, etc.) non son accesibles a todas as persoas, de xeito que o que se pretende é achegar os recursos naturais e educativos a través do deseño de rutas accesibles, coa incorporación dunha embarcación e material deseñado para cumprir con este obxectivo.
Trátase de realizar e combinar nunha xornada a visita ao Arquipélago de Cortegada que pertence ao PNIA, como eixe principal coa visita aos viveiros de Carril, os lombos do Ulla, a lonxa de Carril, as bateas, a ruta traslatio ou a conserveira “Os peperetes” co fin de dinamizar o sector e dar a coñecer unha contorna natural de grande interese paixasístico e medioambiental. Así como a creación de rutas virtuais e actividades deportivas.
Por outra banda, tamén parece necesario adecuar a oferta do territorio á chegada de novos visitantes interesados pola natureza, e concienzados coa calidade e a conservación do territorio que visitan. Así mesmo, é preciso identificar novos segmentos de demanda e novas actividades que permitan desestacionalizar as experiencias. É por iso que se proxectan as visitas virtuais en 360. As posibilidades que ofrece a realidade virtual poderían servir para que aquelas persoas con discapacidade gozasen de vivencias dun modo virtual que, polas súas limitacións físicas, non poden levar a cabo.
1ª Parte da ruta: Visita a Illa de Cortegada.
2ª Parte da ruta: Visita aos bancos marisqueiros (Viveiros Carril ou lombos do Ulla, as bateas, ruta traslatio)
2ª Parte da ruta: Actividade visita á lonxa.
2ª Parte da ruta: Actividade visita á conserveira tradicional “Os Peperetes”
Rutas en Kaiak: Actividade visita ao arquipélago de Cortegada.
Rutas virtuais en 360
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
2.2. Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara as actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

