
Proposta de Resolución Definitiva da Xunta Directiva para proxectos da Convocatoria 2023
A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa, acordou, en reunión celebrada o 1 de decembro de 2023 na sede do GALP en Vilagarcía de Arousa, a proposta de resolución definitiva dos proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023”
Esta proposta de Resolución Definitiva non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP RÍA DE AROUSA, segundo establece o artigo 20.1 da Orde do 14 de setembro de 2023, da Consellería do Mar. Esta publicación non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.
Nas seguintes ligazóns poden consultarse as resolucións definitivas:
CERTIFICACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA RESOLUCIÓN DEFINITIVA
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/certif_propr_definitiva.pdf
ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 770
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_definitiva_770_signed.pdf
ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 780
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_definitiva_780_signed.pdf
ANEXO II PROPOSTA DEFINITIVA PROXECTOS DESESTIMADOS
https://galp.xunta.gal/sites/default/files/proposta_definitiva_desest_signed.pdf
VALORACIÓNS DOS PROXECTOS PRESENTADOS - 770 E 780
https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/valoracions

