Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de Resolución Definitiva da Xunta Directiva para proxectos da Convocatoria 2024

A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa, acordou,  en reunión celebrada o 19 de xuño de 2024 na sede do GALP en Vilagarcía de Arousa, a adecuación da  proposta de resolución definitiva dos proxectos, segundo o crédito dispoñible por obxectivo estratéxico e  que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024”

 

Esta proposta de Resolución Definitiva non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.

 

Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP RÍA DE AROUSA, segundo establece o artigo 20.1 da Orde do 28 de decembro de 2023, da Consellería do Mar. Esta publicación non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.

 

Nas seguintes ligazóns poden consultarse as resolucións definitivas:

 

ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 770 

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/prop_def_xuno_lim_obxec_770_s...

 

ANEXO PROPOSTA DEFINITIVA PARTIDA ORZAMENTARIA 780

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/prop_def_xuno_lim_obxec_780_s...

 

ANEXO II PROPOSTA DEFINITIVA PROXECTOS DESESTIMADOS

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/prop_def_xuno_lim_obxec_deses...