
A Xunta Directiva do GALP Ría de Arousa, acordou, en reunión celebrada o 17 de marzo de 2022 na sede do GALP en Vilagarcía de Arousa, a proposta de resolución provisional dos proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A).
Esta proposta de Resolución Provisional non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando condicionada á presentación de toda a documentación requirida, debendo estar dita documentación así como a xa presentada, segundo establece a orde de bases e a normativa vixente.
Outorgarase un prazo de alegacións contra esta proposta de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP RÍA DE AROUSA e na web, segundo establece o Artigo 24.3 da Orde de bases de 27 de decembro de 2021, da Consellería do Mar.
Na seguinte ligazón poden consultarse as resolucións provisionais :
https://galp.xunta.gal/ria-de-arousa/listaxe-proxectos-convocatoria-2022

