
A través da realización e difusión do proxecto vanse dar a coñecer as actividades profesionais do sector mariño, profesións con gran arraigo na zona costeira da Arousa e por outro lado, grandes descoñecidos para unha importante porcentaxe da poboación.
O mesmo tempo farase fincapé no impacto da circulación e deposito do lixo mariño no cultivo e extracción dos produtos do mar na ria de Arousa Sur.
Concienciar da problemática da contaminación na ría de Arousa e no medio mariño.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Xerar oportunidades de participación das persoas con Autismo e Discapacidade intelectual, no estudo, sensibilización e a difusión da problemática do lixo mariño e o seu impacto nos ecosistemas marítimo – terrestres na ria de Arousa Sur e sectores da economía marítima.
Transmitir valores como o respeto, coidado do medioambiente ás persoas con necesidades de apoio, a mocidade galega e a sociedade en xeral.
Fomentar a cultura inclusiva, a igualdade de oportunidades e a capacidade de influencia no entorno dos colectivos mais vulnerables que se encontran en risco de exclusión social.
Realización de accións de divulgación e/ou educación ambiental relacionadas co mundo mariño.
- Formación e sensibilización da sociedade na problemática medioambiental do lixo mariño.
- Creación de grupo de traballo formado por 15 persoas con autismo e/ou discapacidade intelectual que identifiquen e avalíen as zonas sensibles (acompañados por monitores de apoio e persoal técnico especializado)
- Actuacións de recollida de lixo nestas zonas, clasificación e recollida de datos durante 12 meses.
Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operación de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisión de carbono.
Desenvolver medidas que melloren a calidade ambiental da Ría de Arousa.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)