
Proxecto turístico emprazado na Casa Rectoral de Bamio e a súa finca, que completa os servizos ofrecidos polos aloxamentos próximos e mostra a cultura de Galicia con propostas innovadoras. Enfocado cara ao turismo gastronómico e potenciando o produto local ou de proximidade, basea a súa oferta no que procede da ría con pratos elaborados no restaurante, produtos envasados para vender na tenda gourmet e que se poden degustar na barra de tapas. Ademais dispón de espazos para exhibicións de cociña, obradoiros, excursións de pesca e posterior cociñado ou presentacións de produto, mesmo mercados artesanais. E a oferta complétase con turismo lúdico e deportivo enfocado á Praia de Bamio con óptimas condicións de mar e vento, que fan que a práctica do skatesurf gañe cada día máis adeptos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Impulsar un novo concepto de servizo turístico que non existe no territorio, innovador, e que permitirá mellorar as prestacións turísticas da zona de Bamio e Vilagarcía: turismo gastronómico local, con tenda gourmet de productos locais, talleres, excursións marítimas e artesanía
- Xerar actividades alternativas de negocio non estacionais que permitan incrementar a competitividade do proxecto durante todo o ano (restaurante, excursións, actividades de lecer, talleres, ...)
- Mellorar a experiencia gastronómica disponible no territorio.
- Ampliar os servizos turísticos ofertados no territorio da Ría de Arousa diversificando as actividades económicas da zona
- Xerar emprego estable e de calidade
- Xerar sinerxias con outras empresas do territorio
- Colaboración con axentes territoriais
- Incremento dos investimentos no territorio
- Desestacionalización das actividades existentes no territorio
Excursións marítimas, visitas a museos etnográficos, visitas guiadas a lonxas e conserveiras, obradoiros de produtos artesanais relacionados co sector pesqueiro. Desta forma un cliente que vai comer ou cear ao restaurante recibe información sobre estos servizos con información cultural e turística da zona, podendo contratar un paquete turístico xunto co xantar/cea, facendo da experiencia un servizo innovador, moito máis completo e satisfactorio.
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)