
A axuda de 353.105,20 euros concedida polo GALP Ría de Arousa permitiralle a esta empresa emerxente facer fronte a un proxecto de mellora cuxo custe total é de 427.257,29 euros e que consistirá en adecuar nunha nova nave e adquirir nova maquinaria para mellorar a súa capacidade produtiva.
R de Lorenzo Cordelería SL herda unha longa traxectoria familiar, con máis de 40 anos de experiencia no sector, dedicada e especializada na fabricación e distribución de productos para o cultivo do mexillón e a acuicultura. As novas instalacións permitirán desenvolver a actividade en mellores condicións e coa nova maquinaria será posible ademais mellorar a capacidade produtiva da empresa e incrementar a facturación en aproximadamente un 5% durante o primeiro exercicio para logo manterse nun 3% anual; contribuíndo tamén ao desenvolvemento do sector na zona. A ampliación da empresa mediante o acondicionamento dunha nova nave no porto de Vilagarcía e a adquisición de maquinaria de fabricación de cordas, prensa e clasificador de rede permitirán mellorar a capacidade competitiva e de resposta ás necesidades dos clientes, mellorando a calidade e cantidade dos produtos fabricados e comercializados, e contribuíndo tamén ao desenvolvemento da zona e do propio sector do mar. Crearanse 4 postos de traballo de mulleres e de parados de longa duración, ademais de manter os 6 postos actuais, ocupados tamén por estes colectivos empadroados en concellos da Ría de Arousa.
R de Lorenzo Cordelería SL dedicarase á fabricación de rede de algodón para o cultivo do mexillón (tecida con 100% algodón biodegradable), e de cordas empalilladas para o cultivo de mexillón feitas con aparellos de atuneiros que chegaron ao fin da vida útil e desta maneira é reutilizada. Outro labor de reciclaxe é a xestión de redes e aparellos de pesca. Con este servizo contribúese á conservación do medio ambiente e soluciónase a xestión de residuos drivados das actividades pesqueiras. Para isto, trabállase en estreita colaboración con diferentes portos de toda España. En todos os procesos de produción e xestión, gardarase un respecto absoluto polo medio ambiente e non se utilizan materiais contaminantes nin perniciosos para a contorna e o medio mariño.
Tras anos de introducción no mercado, e tras comprobar a aceptación dos productos entre os clientes e o aumento do negocio, a empresa precisaba contar con instalaciónns máis axeitadas para que a actividade poida crecer, e poder satisfacer as necesidades da clientela, atendendo a todos os pedidos. Provisionalmente alugouse unha nave desde a cal se leva a cabo o proceso de fabricación, pero as expectativas de crecemento son moi boas e é necesario contar cunha nave mellor dotada na que instalar tanto as oficinas como a cadea de produción. Neste sentido, plantéxase o presente proxecto de investimento, xa que o Porto de Vilagarcía confirmou a concesión dunha nave totalmente adecuada ás necesidades da empresa, por un periodo de 30 anos. Os investimentos consistirán principalmente nas obras para adecuar a nave á actividade (derribos, fachadas e carpintería exterior, particións e carpintería interior, acabados e interiores, instalación, urbanización, control de calidade, xestión de residous, seguridade e saúde) e a adquisición de maquinaria (prensa, encordadora, clasificador de rede e elemento de transporte interno).

