
Este proxecto consiste en dotar a entidade dos medios materiais necesarios para mecanizar as zonas de traballo no medio natural mediante a compra dun tractor, 2 remolques, un motor foraborda, unha furgoneta con etiqueta eco, un gps-plotter, así como introducir novas ferramentas dixitais para o control horario dos traballadores con tecnoloxía rdfi, e promocionar o patrimonio inmaterial con profesións ligadas ao mar, como e o oficio de collareira, con grande tradición no Concello do Grove eu de redeira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Adquisición de maquinaria axeitada para a realización de traballos de restauración e mantemento de bancos marisqueiros, que sexan mais eficientes e permitan a reducción de emisións de carbono no sector e na cadea vertical da pesca, e que contribúen a mitigación do cambio climático
- Adquisición de equipamentos que introducen melloras tecnolóxicas que afectan directamente ao sector pesqueiro
- Preservación da biodiversidade do territorio e do medio mariño, a través da remoción e limpeza dos bancos marisqueiros
- Promover e promocionar actividades económicas que aproveitan refugallos procedentes das actividades pesqueiras e marisqueiras.
- Posta en valor e divulgación do patrimonio cultural inmaterial, como son os oficios de redeira e collareira.
- Fomentar a participación da muller e o seu empoderamento, como unha forma de garantizar o relevo xeracional e a fixación da poboación en zonas costeiras.
- Posta en valor dos recursos pesqueiros, introd. innovac . na cadea da pesca.
- Apoio ás actividades extractivas do marisqueo, debido á súa transcendencia global na economía das zonas pesqueiras.
- Innovar na cadea de pesca, como factor que xera valor engadido aos recursos pesqueiros e ao sector.
- Potenciar e reforzar a transformación dixital, a transformación ecolóxica (mediante o uso de enerxías máis ecolóxicas) e a sostibilidade centrada na conservación dos recursos, a economía circular e a diversificación cara os sectores da economía azul no ámbito local
- Reforzar a Cofradía de Pescadores San Martín do Grove como sector estratéxico da economía da Ria de Arousa
- Posta en valor dos recursos pesqueiros
No primeiro ano compraríase:
- Motor Foraborda
- Gps-plotter
- Sistema de control horario
- Furgoneta con etiqueta Eco
Ademais realizarase:
- Un curso para dar a coñecer o oficio de colareira de nivel básico
- Unha xornada sobre o patrimonio marítimo pesqueiro
Na segunda anualidade, compraríanse:
- Un tractor
- Dous remolques de inox
Ademais realizarase un curso para dar a coñecer o oficio de colareira de nivel intermedio
Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos productos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes productos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio
Reforzar o posicionamento social do sector pesqueiro, do marisqueo e da acuicultura como sector estratéxico da economía e da Ria de Arousa
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

