
Poñemos en marcha o proxecto RELEVO 2020 .
Trátase dun proxecto de colaboración promovido polos seguintes Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia:
GALP A MARIÑA - ORTEGAL.
GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE.
GALP GOLFO ÁRTABRO SUR.
GALP SEO DE FISTERRA, RÍA DE MUROS - NOIA.
GALP RÍA DE AROUSA.
A proposta, de carácter formativo, busca o relevo xeracional no sector pesqueiro a través da capacitación de mozos e mozas mediante formación e mellor coñecemento dos recursos.
Ademais entre os seus obxectivos tamén se atopan:
- Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e loitar en contra do cambio climático.
- Sensibilizar aos xóvenes na importancia do sector pesqueiro, no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.
- Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para mozos e mozas do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.
- Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empleabilidade e/ou inclusión social.
O desenvolvemento terá lugar nos territorios, ámbito de influencia dos GALP participantes durante as anualidades 2020 e 2021 e o seu destinatario serán xóvenes con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Haberá un número de prazas limitadas, igual en todos os territorios.
A iniciativa estructúrase segundo as seguintes actuacións:
1 SEMINARIOS. A través dun programa de contidos previamente establecido.
2 TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS.
3 SAÍDAS DE CAMPO PARA ESTUDO DOS RECURSOS LOCAIS.
4 ENCONTROS CON OUTROS MOZOS E MOZAS CON EXPERIENCIA.
5 VISITAS PARA COÑECEMENTO DOS RECURSOS DO SECTOR PESQUEIRO NOUTROS TERRITORIOS.
No marco de desenvolvemento e promoción do proxecto haberá ademais actos de presentación e clausura oficiais.
A información pormenorizada do proxecto e as súas actuacións sobre como inscribirse e participar ou asistir ao acto de presentación así como outros detalles que precisedes coñecer para a súa difusión, farémolos chegar en posteriores comunicacións.

